venres, 23 de maio de 2014

O Prestige


   Boas, comezamos explicando o nacemento deste blog, somos tres alumnos de 3º ESO de Lugo do instituto IES "A Nosa Señora dos Ollos Grandes", chamámosnos Lucía, Borja e Manuel.


   O noso primeiro post fixémolo a partir dun proxecto de lingua galega e literatura. Intentaremos manter o blog para expresar o noso parecer da sociedade, sen ningunha intención de ofender a ninguén e cun obxectivo de aportar unha ínfima mellora do que se precisa.
   Neste proxecto facemos fincapé nunha desgraza que afectou á nosa terra, "O Prestige" sendo noticia durante máis de 11 anos e que nos sensibilizou para a recuperación do noso medio natural.
Sen nada máis que dicir despedímonos, ata a próxima.

Ningún comentario:

Publicar un comentario